DE INTERESE

LIGAZÓNS


























MAPA A.S.F.

SUBSCRICIÓN
Subscribete ás Noticias
da CIG-Saúde Ferrol

Correo electrónico:

SINDICACIÓN

Sindícate ás Noticias da CIG-Saúde Ferrol

CONTACTO
MERCEDES DIAZ LOPEZ

Secretaria Comarcal
da CIG-Saúde de Ferrol

ESTATÍSTICAS WEB

PROCURA NA WEB


Noutras webs
En CIG-Saúde Ferrol

ARQUIVO
TOTAL
Mostrar todas as noticias

POR MESES


INICIO







Flash Banner Placeholder.

INFORMACIÓN MESA SECTORIAL 19 DECEMBRO
INFORMACIÓN DA MESA SECTORIAL DO 19 DE DECEMBRO DE 2008

Nesta reunión abordáronse os seguintes temas:
1.- Borrador de Decreto da OPE 2008 (resto de categorías).
2.- Orde de integración do Hospital de Defensa de Ferrol.
3.- Creación das categorías de Prevención de riscos laborais: Técnicos superiores e Enfermeira/o especialista do traballo.
4.- Carreira Ordinaria.
5.- Correturnos Centro de Transfusión de Galiza. Este tema, non figuraba na orde do día enviada polo Sergas e a inclusión foi por iniciativa de
CIG-SAÚDE.

O SERGAS achegou borradores de Decreto de OPE e o Decreto de creación das categorías de prevención de riscos laborais .

.-OPE 2008: O Decreto sairá publicado no mes de febreiro, unha vez publicado convocarán para negociar a convocatoria.
Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que o Decreto recolla na convocatoria as prazas creadas polo plano de saúde mental de enfermeira/o especialista .
Isto foi aceptado pola Admón e o Decreto recollerá a convocatoria de 13 prazas de enfermeira/o especialista en saúde mental; estas prazas son de nova creación.
Asemade desde CIG-SAÚDE solicitamos que unha vez publicados os Decretos das categorias de nova creación: documentación sanitaria, auxiliares de farmacia, dietista e prevención de riscos, se proceda a convocar unha OPE destas categorias.

.- Orde de integración do Hospital de Defensa de Ferrol.
Queda definitivamente aprobado o Decreto.
O artigo 3º do Decreto recolle que o persoal integrarase coas características do posto desempeñado no momento da transferencia.
Na taboa de homologacións tamén se recolle: Segundo o posto de traballo e as funcións desempeñadas no momento do traspaso.
Para
CIG-SAÚDE, os Decretos de integración non se poden utilizar para reclasificacións.

.- Centro de Transfusión de Galiza. Nste centro cando era unha fundación, tiña correturnos de ámbito de todo o pais, é dicer, o persoal era mobilizado, como premio ou castigo, por toda Galiza. Agora o persoal é estatutario e o seu nomeamento é de área, pero a nova dirección segue a utilizar a mesma política de persoal. Isto xa o temos denunciado desde a
CIG-SAÚDE reiteradas veces.

.-
Carreira Ordinaria.
Os Decretos non necesitan ter o apoio dos sindicatos na Mesa Sectorial, e, efectivamente, parece que o van a tramitar sen acordo dos sindicatos.
O Sergas deu por rematada a negociación da Carreira Ordinaria sen acordo e a partires do luns tramitarán o Decreto. As previsións son de que saia publicado no mes de xuño-xullo de 2009.
Nesta reunión, apesares dos nosos argumentos, non conseguimos avanzar na negociación e modificar a proposta imposta do SERGAS. CIG-SAÚDE rexeita este decreto de Carreira Ordinaria e iniciara unha ampla campaña de denuncia e propoñera ao conxunto dos traballadores e traballadoras do SERGAS movilizacións, diante deste atropelo, na defensa dunha carreira profesional ordinaria digna sin exclusións.




URXENTE



SUPRESIÓN ACORDOS RETRIBUTIVOS

GRIPE P

PLAN MELLORA

NON Á CESIÓN DE TRABALLADORES Á PRIVADA

SOLIDARIEDADE
banner_Aminetu


NOTICIAS BLOGS CIG

ÚLTIMAS NOTICIAS


OUTRAS NOTICIAS
XUNTA DE PERSOAL

MESAS DE CONTRATACIÓNS

MESAS SECTORIAIS

NOTICIAS EXTERNAS

CIG-SAÚDE


CIG


SANIDADE


SAÚDE



ecoestadistica.com
CIG-Saúde Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide-Local Sindical da CIG. Avda. da Residencia s/n. 15405. Ferrol
981 33 45 66 * www.cigsaudeferrol.blogspot.com * cigsaudeferrol@gmail.com