15.01.2009
O pasado venres, 9 de xaneiro de 2009, celebrouse xuntanza do CSL da ASF. Tocarónse os seguintes temas:
Dirección de Recursos Humanos informa de que no DOG do 7 xaneiro de 2009 publicouse o concurso para a DOTACIÓN DE NOVA UNIFORMIDADE do persoal que traballa en urxencias extrahospitalarias e HADO nesta área sanitaria (DOG 7 xaneiro 2009). A previsión é a de resolver o concurso en 2-3 meses. CIG-SAÚDE recorda que xa se pensaba dotar esta uniformidade en outubro de 2008, parece que ó final será en marzo de 2009 cando os traballadores expostos a condicións ambientais adversas, conten con roupa de traballo adecuado.
Dirección de RR.HH. engade que tod@ traballad@r que na actualidade precise CALZADO (botas), CHAQUETÓN DE ABRIGO ou CHALECO REFLECTANTE, pode solicitalo cursando petición ó Servicio de Lavandería.
Dirección RR.HH. da conta do realizado ata o momento para cumprir o requerimento da Inspección de Traballo sobor diversas CONDICIÓNS DE TRABALLO NA NAVE DO ARQUIVO desta área sanitaria: - Pendente de adquisición de novos carros para as historias clínicas, seguindo as recomendacións do informe ergonómico. - Finalización das obras na rede eléctrica para aumentar puntos de luz. Pendente de medición dos niveles de iluminación. - Realizáronse medicións de temperatura e humidade na nave, que non son definitivas (unha da no rango de confort e outra non). Teñen problemas para calefactar a nave industrial e pensan solventar o problema dándolle prendas de abrigo @s traballador@s. CIG-SAÚDE mostra a súa oposición a que @s traballador@s poñan roupa de abrigo se teñen frío, xa que esta é unha medida de protección individual e antes deberían barallarse medidas de protección colectiva (poñer máis calefactores, por exemplo). Tamén, CIG-SAÚDE, recorda a solicitude d@s traballador@s de que se lles dote de máis medios materiais (taquillas e colgadores; sillas, mesas e ordenadores).
Dirección RR.HH. informa que se están a revisar tódalas ADAPTACIÓNS E CAMBIOS DE POSTOS POR RAZÓNS DE SAÚDE, MATERNIDADE OU LACTANCIA. A intención é adaptar o posto de traballo de orixe sempre que se poida, aínda que hai moito persoal con restriccións permanentes que necesariamente manterán a situación de cambio de posto (aprox. 90%). Recoñece a problemática xa advertida por CIG-SAÚDE en anteriores xuntanzas, xa que hai moitas prazas ocupadas por saúde laboral e, no caso das adaptacións do posto de orixe, básicamente soluciónanse con restriccións de tarefas que sobrecargan ó resto d@s compañeir@s. CIG-SAÚDE está de acordo en que a solución pasa por adaptar os postos de orixe e non en “reservar” prazas para a mobilidade por saúde laboral, que é o que ata o de agora facía a dirección. Reitera que as adaptacións non poden restrinxir tarefas sen mais, xa que ademáis de aportar axudas técnicas, tamén pode ser necesario aumentar persoal ou reorganizar o traballo. Sobor as adaptacións por maternidade ou lactancia, debátese sobre o uso da prestación por risco durante o embarazo / lactancia (suspensión de contrato mantendo cotización e salario). CIG-SAÚDE denuncia que a Dirección de Recursos Humanos desta área sanitaria tende a non considerar esta opción cando é unha posible solución nun sector de traballo tan feminizado como o sanitario e que presenta múltiples riscos laborais. Tamén, CIG-SAÚDE, esixe que se cumpla a Orde de 16 de setembro de 2008 (DOG 30.11.08), que establece o procedemento de mobilidade por razón de saúde, maternidade ou lactancia no Servizo Galego de Saúde, no referente a separar á muller embarazada / lactante dun posto de traballo considerado de risco para a maternidade, ata que se avalíe pola Unidade de Prevención de Riscos Laborais (UPRL), se pode continuar ou non no seu posto (ART. 4.2. Medida cautelar). No referente ó SERVIZO DE RADIOLOXÍA, a médico do traballo da ASF informa que segundo o MEDTEC, as traballadoras desta área son de categoria B, polo que en principio, os seus postos de traballo son compatibles coa maternidade.
Recibíronse varias notificacións de accidente de traballo por molestias xerais tras exposición a GASES E OLORES nalgunhas zonas do FONTENLA MARISTANY. Infórmase por parte do técnico de seguridade, que probablemente a orixe está nas obras da Praza de España, que afectan ó alcantarillado e conductos de auga da zona, entrando malos olores por portas e ventanas. CIG-SAÚDE aclara que tamén sae coma un gas polas billas de auga cun cheiro tal, que en máis dunha ocasión @s traballador@s e usuari@s tiveron que abandonar as consultas. CIG-SAÚDE Pregunta se houbo contacto co concello de Ferrol para saber qué gas pode ser, Dirección RR.HH. supón que o concello xa está traballando para resolver o problema e descoñece se dende o centro de saúde se puxeron en contacto con eles. CIG-SAÚDE solicita copia do informe de investigación e esixe que recolla medidas preventivas, alomenos indicacións para @s traballador@s no caso de repetirse o accidente.
CIG-SAÚDE solicita un LOCAL PARA OS DELEGADOS DE PREVENCIÓN preto da ubicación da UPRL desta área (4ª planta Hospital Naval), co fin de axilizar trámites e consultas grazas á maior proximidade (na actualidade o local está no Novoa Santos). Dirección de RR.HH. expón que na proxección arquitectónica do novo plan funcional da área, xa faltan espacios no Hospital Naval, polo que a petición é denegada. Ademáis informa de que a UPRL ten previsións de continuidade no Hospital Naval.
Informan tamén que o Plan de emerxencia do Hospital Arquitecto Marcide e o Protocolo de coordinación de actividades empresariais están na fase final da súa elaboración e próximamente serán presentados ó CSL.
CIG-SAÚDE denuncia que no Nadal houbo PROBLEMAS DE CLIMATIZACIÓN NO H.A.M., solicita maior axilidade á hora de contactar con INCLIMA e solucionar os problemas de climatización. Ademáis faise eco da DENUNCIA D@S TRABALLADOR@S DE URBASER ante o Gabinete de Saúde Laboral da CIG, pola situación repetida de atoparse coa xaula dos contenedores chea ata a bandeira, con restos orgánicos e sangue que sae en gran cantidade das bolsas e corre polo chan. CIG-SAÚDE comunica que vari@s traballador@s desta empresa sufriron accidentes biolóxicos por picadura en varias ocasións. CIG-SAÚDE solicita maior control sobre a xestión dos residuos, con formación e control de tódolos implicados.
A AVALIACIÓN INICIAL DE RISCOS de tódolos servizos e centros da área sanitaria está case rematada (pendente avaliar os servizos trasladados ó Naval e radioloxía do Fontenla), unha vez finalizada, elaborarase un mapa dos riscos presentes nesta área.
Dirección de RR.HH presenta a súa derradeira proposta de borrador do REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO CSL e da por rematado o proceso negociador, xa que o primeiro borrador foi presentado no CSL do 26.10.07, só CIG-SAÚDE presentou alegacións e estas foron debatidas no CSL do 25.06.08.
A consecuencia da DENUNCIA REALIZADA POR CIG-SAÚDE en febreiro de 2008, a Inspección de Traballo requeriu subsanación dos seguintes puntos:
1. Planificación e inicio de formación en saúde laboral dos mandos intermedios. Dirección RR.HH. informa de que están a planificar a formación básica (50h), precisando de 3 a 4 edicións para formar a tódolos mandos, en horario laboral e con profesorado da propia UPRL da ASF. CIG-SAÚDE recorda que é obligatorio que tódolos mandos teñan formación básica en saúde laboral. 2. Dotación de taquillas individuales na zona de laboratorio de anatomía patolóxica e revisión da dotación de taquillas no Arquitecto Marcide. Dirección RR.HH. expón que teñen problemas de espacio para colocar a doble taquilla en anatomía patolóxica. Por outra banda, teñen previsto aumentar a dotación de taquillas no Hospital Naval. No caso do H.A.M., estanse a revisar as taquillas pero non se poden aumentar ata que queden máis ocos libres. 3. Comezo inmediato dos recoñecementos médicos d@s traballador@s. Dirección RR.HH. expón que dende novembro de 2008 contamos cun médico a maiores na UPRL, para apoiar á especialista do traballo na realización dos recoñecementos. Informa que nos últimos 2 meses de 2008, realizáronse 120 exames de saúde (UCI, psiquiatría, rehabilitación, mantemento, HADO, radioloxía, laboratorios). CIG-SAÚDE demanda unha planificación da vixiancia de saúde, xa que actualmente faise “sobre a marcha”. A médico do traballo explica que están dándolle prioridade ó persoal de servizos que nunca se lles ofertou a vixiancia de saúde e ás unidades de alto risco laboral. 4. Novo informe sobre iluminación e ruido na área de RR.HH. Informan de que está casi finalizado, presentando os resultados en breve. CIG-SAÚDE fai referencia ó escrito presentado pol@s traballador@s de RR.HH., no que solicitan cambio de ubicación. RR.HH. ten previsto o seu traslado a medio plazo (en 1 ou 2 anos) para o Hospital Naval. 5. Informe sobre sistema de ventilación xeral na sala da mesa de tallado no laboratorio de anatomía patológica. Xa está a disposición da técnico de hixiene industrial, pendente da medición dos niveles de formaldehído. 6. Solución do risco por sobreesforzos dos celadores motivado polas rampas de acceso ós ascensores das plantas Baixa, 3ª, 4ª, 5ª e 7ª. RR.HH. presenta un proxecto de modificación das rampas da planta Baixa, na que se rebaixa a pendente dos ascensores; para o resto das plantas, presenta como medida alternativa sacar as angarellas pola porta do ascensor que non ten rampa. CIG-SAÚDE solicita que o proxecto sexa consultado co persoal afectado (será a través do encargado de celadores), xa que as actuais rampas fixéronse sen contar coa súa opinión e agora hai que modificalas… para que non volva suceder o mesmo. Tamén, CIG-SAÚDE, oponse a que os celadores teñan que evitar as rampas do resto das plantas a expensas de facer máis percorrido coas angarellas. 7. Revisión do material e planificación de sustitución do que esté en condicións inadecuadas de uso e mantemento, correspondente á área de enfermería da 6ª planta. Estase a revisar entre Recursos Económicos e o Servizo de Mantemento. Xa planificada a sustitución de camas por algunhas do Hospital Naval. 8. Elaboración dun estudio sobre posibles medidas correctoras para a zona de duchas de pacientes da 6ª planta (elevada temperatura e posturas forzadas). RR.HH. presenta un proxecto de reforma, polo cal quedaría 1 ducha en cada pasillo de hospitalización. CIG-SAÚDE solicita o informe ergonómico que recomenda esa obra. Dito informe non existe, considerando RR.HH. que non é necesario xa que coa obra solucionaríase os problemas de temperatura e posturas forzadas.
Dirección RR.HH. fai ENTREGA DAS ACTAS ALEGADAS E PENDENTES de asinar (xuntanzas do 05.07.07, 26.10.07 e 18.04.08). Tamén entrega borrador das xuntanzas do 28.05.08 e 25.06.08. CIG-SAÚDE puntualiza “que non foi sen tempo”. |